OLLOBOI 2010 - Bases

 II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi

O colectivo Impinxidela (ENDL do IES Leliadoura) xunto ao grupo Rodaxe (GT Obradoiro Audiovisual) convocan o II Concurso Audiovisual Galego “OlloBoi” que se rexerá polas seguintes

BASES

  1. A modalidade de participación é a video-edición, xa sexa en formato documental ou en curtametraxe (de duración non superior aos 20 minutos).
  2. O produto final deberá aloxarse nun servidor web, como por exemplo Vimeo, Youtube, DailyMotion, etc.
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ao idioma galego.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos que non se presentaran en edición anteriores do concurso.
  5. Poderase participar individualmente e en grupo, con ou sen tutela do profesorado. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  6. Os alumnos menores de idade que participen deberán contar co consentimento paterno para seren gravados ou fotografados, así como para a promoción do traballo realizado.
  7. As entidades organizadoras poderán divulgar os traballos presentados nas súas páxinas na rede.

PARTICIPACIÓN: Vías e prazos

  1. Os traballos deberán pendurarse nun portal web, indicando no formulario de inscrición a dirección (URL) onde están albergados.
  2. Os autores que así o desexen entregarán ou enviarán antes do 14 de maio unha copia coa calidade orixinal (en soporte CD, DVD ou USB que lles será devolto na gala de entrega de premios) ao Departamento de Debuxo e Plástica do IES Praia Barraña, Avenida de Compostela s/n, 15930, Boiro, A Coruña. Editarase e distribuirase un DVD promocional cos traballos dos participantes.

TRIBUNAIS e PREMIOS

  1. Os traballos de todos os participantes estarán enlazados dende o día 10 de maio no sitio web http://rodaxe.info dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online. A votación conlevará a participación no sorteo dun lote de DVDs e camisetas.
  2. Establécense tres categorías con cadanseu tribunal e premio:
    1. Premio Impinxidela ao mellor traballo en lingua galega, acordado segundo xuízo do EDNL do Leliadoura, colectivo Impinxidela.
    2. Premio Rodaxe ao mellor traballo, concedido polo grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual.
    3. Premio especial OlloBoi do público, de acordo cos votos recollidos online e en papeletas nas proxeccións previas á gala de entrega de premios.
  3. A organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.
  4. Os premios entregaranse o 18 de maio nun acto público celebrado no Auditorio de Ribeira ás 21:00