OLLOBOI 2010 - Memoria

Xa rematou o Festival OlloBoi 2010 con 40 participantes.

Noraboa a todos premiados e o noso agradecemento a todos os participantes.

Premio Rodaxe

O grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual concede este premio ao mellor traballo audiovisual a…

  • O Doutor

Premio Impinxidela

O EDNL do IES Leliadoura, colectivo Impinxidela, concede este premio ao o mellor traballo en lingua galega a…

  • O Gato con Fame

Premio especial OlloBoi do Público

O gañador do premio do público con 295 votos é…

  • Galegando Lipdub

Outros Finalistas:

  • O Home Cobaia (con 125 votos)
  • The Orco Case (con 79 votos)

Regalos

O pasado mércores 26 de maio levouse a cabo o sorteo de 20 camisetas conmemorativas do festival entre todos os votantes que participástedes na elección no premio de público. Noraboa e graciñas por participar!