OLLOBOI 2012 - Xurado

 

Luis Avilés Luis Avilés: director noiés da parroquia de Taramancos formado en Dirección e Montaxe cinematográficos no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya). Realizador de programas de TV como “Criaturas” e “Casamos” da TVG, ambos líderes de audiencia nas súas respectivas franxas. Director da curta “A Subela” (2003) e da longametraxe “Retornos” (Vacafilms, 2010), presente en numerosos festivais, e pola que foi nominado como mellor director nos premios Mestre Mateo e preseleccionado para os Goya na categoría de Mellor Director Novel.
Agustín Agra Agustín Agra: Licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario A Cachada.Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. Son obras súas O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (2006, Xerais), Cazaría salvaxe (2008, Xerais), A treboada de C (2009, Xunta de Galicia), Trampa de luz (2012, Xerais) e O recendo das mimosas (2009, Xerais). Recibiu os seguintes premios:
Miguel de Lira Miguel de Lira: actor nacido en Lira, Carnota, comprometido coa escea e a cultura galega. Traballou en numerosos proxectos televisivos, pero foi o papel do percebeiro Currás, na serie Mareas Vivas, quen o catapultou á fama. Desde entón interpretou roles en diversas series (Pepe o Inglés ou A Vida por Diante, na Galega, Hombres de Paco, en Tele 5), pero o cerne do seu traballo radica na compañía de teatro Chévere, da que foi cofundador hai 25 anos. Con ela traballou en obras de grande proxección como Río Bravo ou Citizen. No cine tén traballado con directores como J.L. Cuerda, E. Urbizu, E. Otero (con quen coproduciu no 2011 Crebinsky, gañadora de numerosos galardóns en festivais internacionais).