Fouciño. II Festival de Cinema - Bases

Consulta as bases completas en PDF

BASES DE PARTICIPACIÓN 2ª EDICIÓN

 
Primeira. Organiza
 
A Asociación Cultural Adro de Baio convoca o II Premios Fouciño de pezas audiovisuais curtas co obxectivo de premiar os dotes técnicos, artísticos e creativos dos estudantes da Costa da Morte así como de toda persoa interesada na creación audiovisual, estando dividida a  participación en dúas categorías.
Ademais os Premios Fouciño persegue incrementar a presenza do galego na rede.
 
Segunda. Participantes
 
Nos II Premios Fouciño poden concurrir creadores de calquera nacionalidade, creadores de obras de calquera xénero que non superen os 5 minutos de duración. Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.
 
2.1.Alumnos de institutos
  • Poderán participar todas e todos aqueles alumnos matriculados nos institutos participantes durante o presente curso.
  • Para participar é imprescindible o consentimento de pais, nais ou titores legais cumprimentando a autorización que se adxunta neste mesmo documento (ANEXO I).
2.2. Categoría aberta
  • Nesta categoría poderán participar as persoas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade.
  • Cada participante poderá presentar un máximo dunha obra ainda que poderá ser partícipe noutras producións que concursen. As obras poden ser individuais ou colectivas.

Consulta as bases completas en PDF