OLLOBOI 2016 - Xurado

Categorías Principais

Estas categorías de premios buscan salientar e recoñecer as propostas que destacan pola súa comicidade, fotoxenia, combatividade, música orixinal ou adaptada, etc.

Trala selección de finalistas feita pola organización, a elección dos gañadores destas categorías corresponde ao xurado que nesta edición estivo composto polas actrices Sabela Arán e Sabela Hermida e o profesor e músico Fernando Abreu, todos eles recoñecidos profesionais que de xeito altruista levaron a cabo esta difícil tarefa.
Tras días de atento visionado e arduas deliberacións finalmente o veredicto concretouse durante o mesmo Encontro Olloboi, sen desvelar os traballos gañadores ata a mesma gala de entrega de premios. A continuación, os traballos premiados nesta edición 2016.

Premio Online

Este premio decídese exclusivamente polas votacións do público entre todos os vídeos seleccionados a concurso.

Premio especial Videopoema

O Premio Videopoema incluíuse por primeira vez nesta edición grazas a unha doazón de última hora por parte do IES A Cachada. Neste caso é o propio patrocinador quen decidíu o traballo merecedor do premio.

Premio Zamburrioi

Este é o premio entregado pola propia organización do festival, onde ademais dos criterios xerais das bases pódense ter en conta outros coma a traxectoria audiovisual do centro educativo, a participación da comunidade educativa, etc.