Condicións de uso

Inscrición de vídeos

  1. Poderá inscribir vídeos calquera persoa ou grupo de persoas que pertenza ó ámbito escolar, incluíndo alumnado, profesorado, nais e pais e PAS. Os/As menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor ou titora legal.
  2. Para inscribir vídeos será preciso rexistrarse e identificarse na plataforma.
  3. Os vídeos deberán estar accesibles a todo o público en Internet, aloxados en Vimeo ou en Youtube. Non se aceptarán vídeos privados.
  4. A web está dirixida a todos os niveis educativos: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade e Escolas Audiovisuais.
  5. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valora o uso do idioma galego, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais.
  6. Recoméndase que todas as imaxes, audios e outros recursos utilizados nos vídeos sexan propiedade dos autores do vídeo ou de código aberto (CC). Se se utilizan recursos con dereitos de autor, a responsabilidade de uso dos mesmos recaerá sobre os creadores da peza audiovisual.
  7. Coa inscrición dun vídeo os seus autores consinten na divulgación do material na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos (recoméndase que os rexistren baixo licenza Creative Commons).
  8. Os vídeos inscritos deberán pasar un proceso de revisión por parte do equipo administrador da web antes de facelos públicos na plataforma.
  9. No caso de que o vídeo inscrito sexa rexeitado por incumplir algunha destas condicións, comunicaráselle á persoa que o inscribíu indicando os motivos do rexeitamento para que poida realizar as modificacións oportunas.
  10. Os vídeos inscritos e aceptados polo equipo administrador da web poderán ser seleccionados para a súa participación nos concursos que se poidan organizar na plataforma.