Unha Bruxa en Internet

  • Título: Unha Bruxa en Internet
  • Duración:10:44
  • Data de publicación:01-02-2012
  • Data de inscrición:31-03-2012
  • Usuari@:lodeirogestocarmen
  • Centro educativo: CEIP Barrié de la Maza - Santa Comba
  • Nivel Educativo:Educación Infantil
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    TÍTULO: UNHA BRUXA EN INTERNET DURACIÓN: 8 minutos 50 segundos máis 1minuto 94 segundos de tomas falsas e créditos: TOTAL 10 MINUTOS 44 SEGUNDOS. PERSOAXES: PROFESORA (Contadora de Soños), NENO DURMINTE (Josito), NARRADORA (Alba), MATAPITOS (Andrea), CASILDA (Isabel), CONSERXE (Pablo), ORDENATOR (Carmen), ALUMN@S (resto de nen@s de 6º B do CEIP BARRIÉ DE LA MAZA-SANTA COMBA). ESCENARIOS: ENTRADA COLEXIO, DESPACHO DA DIRECTORA, AULA, CONSERXERÍA, AULA DE 3 ANOS B, BIBLIOTECA, ESCALEIRAS DO CENTRO. VESTIARIO: roupa informal dos alumn@s, batas e mandís da casa. BANDA SONORA: 20 RODEO (RADIO MIX) MONTAXE: CARMEN LODEIRO (VEGAS MOVIE STUDIO HD PLATINUM) CÁMARA: ALUMN@S DE 6ºB Baseado no libro MATAPITOS.COM de GLORIA SÁNCHEZ, Editorial Xerais (Permiso da editorial para facer esta adaptación moi libre) SINOPSE: Unha profesora propón aos alumn@s, de 6º de primaria,a lectura dun libro titulado "Matapitos.com" e, na explicación, un alumno queda durmido. Soña un terrible pesadelo onde a directora do colexio é unha malvada bruxa que ten no seu ordenador o espello onde se mira para saber se é a máis guapa do colexio. Casilda, a encargada da biblioteca, é a máis fermosa por iso a bruxa, para que se volva tola, ordénalle que vaia dar clase ao grupo de Infantil de 3 anos. Só que a súa dozura conquista aos nen@s e a bruxa non consegue o seu obxectivo. Neste pesadelo, onde o durminte pasa pola "desagradable experiencia" de volver as aulas de infantil, o susto máis forte está por chegar... AO ESPERTAR!

    Como pasar un libro a unha curta e ao mesmo tempo facelo divertido dándolle a nosa visión? A verdade é que con moito esforzo e ilusión. A rodaxe levou varios días e a montaxe máis. Pero o resultado merece a pena. Foi unha experiencia moi gratificante na que os alumn@s deixaron a vergoña fora e convertéronse nuns actores excelentes. Queremos dar as grazas a profesora da aula de infantil de 3 anos, ao conserxe e a Directora por "ocupar os seus espazos", a editorial pola sua amabilidade, e a todos aqueles que sorrín con nós ao ver esta historia. E como agora todo o mundo está a facer films coa historia de "Brancaneves e os sete ananos" nós quixemos poñer a nosa nota de cor e de homenaxe no Bicentenario dos Irmáns Grimm. MARIA DEL CARMEN LODEIRO GESTO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA-SANTA COMBA