Camiñante Lipdub

  • Título: Camiñante Lipdub
  • Duración:20:21
  • Data de publicación:13-05-2013
  • Data de inscrición:05-02-2014
  • Usuari@:ilda.luaces.torre
  • Centro educativo: IES Carlos Casares - Viana do Bolo
  • Nivel Educativo:Bacharelato
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    AUTORÍA: Alumnado, profesorado e persoal de centro do IES Carlos Casares (Viana do Bolo) COORDINACIÓN: alumnado da optativa de Música de 1º BACH Aida Diéguez García, Isabel Ortega Tomás, Lois González Alonso, Maria Ballesteros Fernández, María Blanco Setién, Mónica Herrera García, Nuria Basteiro Álvarez, Pablo Pérez Sobrino, Paula Álvarez González, Rosa Ballesteros Fernández, Sara Domínguez Lage, Ylenia Fernández Fernández e profesora da materia de Música durante o curso 2012-2013: Ilda Luaces Torre

    FICHA TÉCNICA e ARTÍSTICA: Un lipdub é un vídeo musical feito nunha soa toma (plano secuencia) mentres os participantes van realizando diversas accións (baile, teatralización, etc.) ao tempo que coordinan o movemento dos beizos coa letra da canción elixida. Esta actividade realizouse a nivel centro (IES Carlos Casares - Viana do Bolo), organizada en fases durante todo o curso 2012-2013: elección da canción, accións a realizar por cada curso, información e debates sobre o tema nas titorías, propostas de departamentos, individuais ou colectivas, ensaios, escolla do material necesario, creacción de carteis para cada clase, etc. A coordinación levouna a cabo o grupo de Música de 1º de Bacharelato, e facilitouse a participación en todo o proceso tanto do alumnado de ESO, Bach e Ciclo coma o profesorado e persoal de centro (limpeza, cociña, cafetería, conserxería, etc), conseguindo deste xeito integrar a toda a comunidade educativa, mesmo a persoas que pertenceran a ela con anterioridade. "Camiñante Lipdub" convertiuse deste xeito nun fío condutor que favoreceu: -A convivencia e o traballo cooperativo. -A socialización e bo ambiente no centro. -A interdisciplinariedade: mostrou tanto a laboura do voluntariado de Mediación Escolar, Biblioteca, etc., coas actividades de Teatro e Coro, os deportes, as aportacións dos diferentes departamentos, como a tradición do Entroido propia da zona. -A creatividade e imaxinación para levar a cabo propostas: o lipdub é o resultado das propostas colectivas que foron xurdindo. -E concretamente incide nas seguintes competencias: comunicación lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, social e cidadá, cultural e artística, aprender a aprender, e de autonomía e iniciativa persoal. Todo este proceso pódese ver, tamén, no "Camiñante Lipdub Como se fixo": http://www.youtube.com/watch?v=RV8VMdDhfYE