Os camiños esquencidos

  • Título: Os camiños esquencidos
  • Duración: 19:38
  • Data de publicación: 17-05-2014
  • Data de inscrición: 05-04-2016
  • Usuari@: alusdomundo
  • Centro educativo: IES Poeta Díaz Castro - Guitiriz
  • Nivel Educativo: ESO
  • Descrición, Sinopse e Créditos: Esta é unha película inspirada na vida de Xosé María Díaz Castro e desenvolta nun obradoiro de literatura e audiovisual, implicándose na súa produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ó mundo o 17 de maio de 2014,Día das Letras Galegas adicadas ó poeta. Foi financiada cun contrato-programa da Consellería de Cultura e recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo. SINOPSE: Unha casa de aldea e uns papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.