Musical Mamaciña

  • Título: Musical Mamaciña
  • Duración:06:43
  • Data de publicación:06-05-2016
  • Data de inscrición:06-05-2016
  • Usuari@:olallanunez
  • Centro educativo: IES O Ribeiro - Ribadavia
  • Nivel Educativo:Bacharelato
  • Descrición, Sinopse e Créditos:Este ano, dende a clase de música quixemos facer unha homenaxe a nosa lingua realizando unha versión en galego do musical Mamma Mia. Quixemos demostrar que podiamos achegar á xuventude o noso idioma a través dun musical. Versionamos a letra, fixemos o Remix seleccionando as mellores cancións e empastámolas, montamos a coreografía, compramos roupa sesenteira e ensaiamos moito para presentalo no auditorio de Ourense no acto do Correlingua. Víronse cumpridas as nosas expectativas, xa que este musical en galego foi todo un éxito entre os alumnos dos Centros educativos de Ourense. Conseguido o obxectivo: Podemos ter un musical de nivel na nosa lingua e que guste tanto como os musicais en inglés. Fixemos a gravación con dúas cámaras e realizamos a montaxe para o Concurso de Olloboi.