Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca

  • Título: Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca
  • Duración: 04:47
  • Data de publicación: 16-03-2017
  • Data de inscrición: 28-05-2017
  • Centro educativo: - Outros -
  • Nivel Educativo: - Outros
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    As integrantes de "Teño unha horta en San Sadurniño" están tristes e cabreadas pola praga da couza guatemalteca que afecta ao noso concello, e pola xestión que se está a facer deste gran problema polo goberno central e autonómico. Consuelo, Carmiña, Maruxa e Cruz, fálannos do que pensan, das inquedanzas e cómo sinten esta situación. TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO Iniciativa que nace coa intención de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres maiores en relación cos traballos no campo. Con móbiles ou cámaras fílmanse as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. “Teño unha horta en San Sadurniño” ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do Concello de San Sadurniño. O proxecto une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. Participan cinco mulleres nas súas hortas. A través de videotutorias na súa canle de Youtube, dan a coñecer cómo plantar leitugas, enristrar cebolas, podar tomates, plantar azafrán, xenxibre, trigo sarraceno, ou cacahuetes... entre outros. As participantes son: Consuelo Picos na "horta de Consuelo". Cruz Piñón, na "horta de Cruz". Lucía Pita a "horta de Lucita. Carmen Couce na "horta de Carmiña" e Carmen Bouza na "horta de Maruxa. - Proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño": http://www.falamedesansadurnino.org/categoria/hortas/ - Proxecto "Fálame de San Sadurniño": http://www.falamedesansadurnino.org/ - Proxecto "Chanfaina Lab": http://www.falamedesansadurnino.org/tag/chanfainalab - Facebook Fálame de San Sadurniño: https://www.facebook.com/falamedesansadurnino/ - Facebook Chanfaina Lab: https://www.facebook.com/chanfainalab/ - Facebook Aula Cemit de San Sadurniño: https://www.facebook.com/cemit.sansadurnino/ #youtubeiras #youtubeiros San Sadurniño é un dos 31 concellos galegos nos que está prohibida a plantación de patacas. Asturias tamén está afectada pola prohibición en varios concejos. Según o DOG do 10 de marzo: - Prohíbese o cultivo de patacas desde o día 5 de marzo de 2017 en todos os concellos establecidos como zona infestada durante un período mínimo de dous anos e ata que se declare oficialmente a erradicación da praga. - Zona infestada pola presenza da praga denominada Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny: a correspondente aos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadurniño, A Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña, e os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova, na provincia de Lugo. (...) - DOG 10 marzo 2017: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170310/AnuncioG0426-080317-0003_gl.html - DOG 14 marzo 2017: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170214/AnuncioG0426-090217-0004_gl.html - Información completa na web do Concello de San Sadurniño: http://sansadurnino.gal/a-xunta-empeza-a-adaptar-a-normativa-estatal-para-controlar-a-couza-guatemalteca-da-pataca/