Conversas en Lata

  • Título: Conversas en Lata
  • Duración: 20:00
  • Data de publicación: 04-04-2018
  • Data de inscrición: 01-05-2018
  • Centro educativo: CEIP da Torre-Illa - Illa de Arousa (A)
  • Nivel Educativo: Educación Primaria
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    "Conversas en Lata" é un documental feito no CEIP Torre-Illa que revisa a historia das conserveiras na Illa de Arousa, contado de primeira man polas protagonintas que traballaron nalgunha das nove fábricas que había na Illa, na actualidade non queda ningunha. A industria conserveira foi un sector fundamental na Illa de Arousa, e alí construíuse o que sería a primeira fábrica de conserveira moderna de Galicia, a fábrica de Goday. A situación laboral das conserveiras era moi dura, e tiveron que loitar polos seus dereitos. A historia das conserveiras, a situación laboral, as loitas sindicais, porque pecharon ou o sentido do humor para sobrelevar a carga de traballo son algunhas das cuestións que se tratan no docuemental. Entrevistadas: Benita García Dios Lola Outeda Castro Carmen Outeda Castro Soledad Patón Chaves MªCarmen Silva Vázquez Rosa Viana Rodríguez Realizado coas nenas e nenos de 4ºC do CEIP Torre-Illa coa axuda dxs mestrxs María Cacheda, Mila Bouzón e Carlos Abraira. Coordinación, montaxe e música: Carlos Abraira.