As cinsas do Apóstolo

  • Título: As cinsas do Apóstolo
  • Duración:10:23
  • Data de publicación:02-07-2017
  • Data de inscrición:01-05-2018
  • Centro educativo: IES de Becerreá - Becerreá
  • Nivel Educativo:- Outros
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    Os alumnos do IES de Becerreá viaxan á Idade Media para rescatar as cinsas do Apóstolo da chegada do mouro Almanzor. Neste periplo visitan o mosteiro de Pena Maior que era pousada de peregriños e agochan as cinsas nalgún souto de Becerreá, onde por accidente ficaron para sempre parte dos restos do Apóstolo. Agardando que algun día unha estrela tamén nos indique ese lugar.

    Un traballo que relata unha viaxe no tempo, desenvolto no IES de Becerreá durante o curso 2016-17, grazas ao traballo interdisciplinar dos departamentos de Xeografía e Hª, Debuxo, Relixión, E. Física e Música, en colaboración coa Fundación TIC (Deputación de Lugo), que se encargou da parte técnica. @s protagonistas: o alumnado de 3º da ESO. Parabéns a tod@s!