A Mellor Sopa do Mundo!

  • Título: A Mellor Sopa do Mundo!
  • Duración: 05:47
  • Data de publicación: 26-04-2018
  • Data de inscrición: 01-05-2018
  • Centro educativo: CEIP A Xunqueira Nº 2 - Pontevedra
  • Nivel Educativo: Educación Primaria
  • Descrición, Sinopse e Créditos:

    Unha gran nevarada sorprende no bosque a varios animais que acoden a refuxiarse á cabana de Tartaruga. Cada un deles, en agradecemento, ofrece un ingrediente que a tartaruga engade á sopa que estaba a preparar.
    Un final engaiolante revela o segredo do ingrediente especial que fixo daquela sopa… a mellor sopa do mundo!

    Curtametraxe de animación sobre o conto adaptado: "A Mellor sopa do mundo" da Editorial OQO. Realizado polo alumnado e profesorado do centro ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos. CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra.